Castelao
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a diferencia de Otero Pedrayo ou Risco, nace no seo dunha humilde familia mariñeira. Logo dunha estadia de catro anos na Pampa arxentina, a onde emigrara o seu pai, volve a Galicia con súa nai e os seus irmáns, cursa o bacharelato por libre e matricúlase no ano 1903 na facultade de mediciña da Universidade de Santiago de Compostela. Marcha a Madrid e, de volta a Rianxo, exerce dous anos como médico. Durante estes anos participa no movemento agrarista de Acción Gallega, conducido por Basilio Álvarez, colabora en xornais e revistas como El Barbero Municipal, Mi Tierra, La Voz de Galicia etc. , e realiza varias exposicións coas que acada gran prestixio como artista gráfico.
En 1916 trasládase a Pontevedra, onde establece o seu fogar e ingresa no galeguismo logo de entrar en contacto coas Irmandades da Fala, tomando parte desde 1918 nas súas actividades e vinculándose ao grupo intelectual de Ourense, nos que estaba Risco, Pedrayo Losada Diéguez entre outros. Nos seguintes anos o seu labor cultural vai en aumento: continúa realizando exposicións, comeza a traballar na revista Nós como editor gráfico e artístico desde a súa fundación en 1920 e entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos en 1923.
Entre 1922 e 1926 Castelao colabora como caricaturista e narrador no xornal Galicia publicando alí parte do que serían as súas obras Cousas, Cousas da vida e Retrincos.
Do mesmo xeito, e rematada a ditadura de Primo de Rivera, a súa actividade política verase incrementada ao participar en abril dese ano como representante de Pontevedra na IV Asamblea Nacionalista Galega, na cal se acorde promover a creación do que había de ser ao ano seguinte o Partido Galeguista. Proclamando a II República, preséntase as elecións e sae elexido deputado, sen embargo, en 1934 chega a derita ó poder ( CEDA); Castelao perde o seu escano e vai desterrado a Badaxoz.
En 1936 volve a ser elexido polo Partido Galeguista, integrado agora na Fronte Popular, e participa afervoradamente na defensa do Estatuto de Autonomía. Comeza a Guerra Civil e logo a derrota dos seus, establécese en Bos Aires para continuar, ate a súa morte en 1950, coa reconstrución do movemento galeguista no exilio. En 1984 os seus restos son trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres de San Domingo de Bonaval ( Santiago de Compostela).